¿ Non hai kriptonita en Angrois?

Estacion de Tren

No pido permiso,es sólo un aviso a paseantes. En esta terraza, con mis amigos, hablo en cualquiera de mis dos lenguas.Son parte de lo que soy…e nun día coma hoxe vouno facer na que mellor me representa.Non será nun galego normativo( é un dos meus obxectivos pendentes), pero estou segura de que nos entenderemos.Desculpas anticipadas.

Son dun pobo que naceu o redor dunha desas estacións de tren que fixeron medrar un feixe de áreas urbanas.Esta é unha terra de viaxeiros, de xentiña que sempre necesitou sair e voltar.Xente que leva a toda a vida esperando xente nunha estación de tren.Xente que recibe xente que, unha vez que ven, non pode deixar de voltar.Levo dezasete anos fora da miña casa e teño case trinta e cinco.Nesta terra ,o mesmo que noutras,os pais que viron medrar eses pobos o carón da estación,sempre quixeron que os seus fillos tiveran todas as oportunidades de elexir que eles non tiveron. A rede de autobuses desta terra é só apta dunha paciencia que non teño.É máis rápido chegar a Madrid que a Santiago.Se a eso lle unimos a miña preguiza o volante, eso fai dezasete anos viaxando sobre ferroviarias.

Indo e vindo da casa a Santiago,de Santiago a casa, da Coruña a casa,da casa a Coruña…dezasete anos pasando o carón de Angrois sen velo. Dezasete anos sen ver que nunca houbo kriptonita.Ou o mellor sí. Seica os homes e mulleres de Angrois son coma o fillo do superhéroe.A kriptonita non lles fai mal, eles non son superviventes de Krypton.Moitos naceron o carón da vía e nin nos seus peores soños pensaron ver o que viron.Celebran a noite do vintecatro cunha festa na aira xuntos, coma veciños.Como só se vive a vecindade nun pobo como Angrois.

E agora sacan a vía colchóns,arrancan portas para usalas como paviolas,…tíranse a vía sen pensar en nada máis que en AXUDAR.Os homes e mulleres de Angrois,coma o fillo do superhéroe,sacan os seus superpoderes cando máis asustados ou nerviosos están.

En calquera rincón do mundo a xente houbera feito o mesmo e do mesmo xeito.Xente solidaria facendo esperas infinitas para doar sangue,veciños que saen axudar sen pensar en nada máis,funcionarios que volven o seu traballo dende onde estén.En calquera lugar do mundo doería igual, a pena seguro que sería a mesma, o nudo na boca do estómago, a angustia na gorxa…¡o non poder parar de chorar!

Nesta terra sabemos o que é solidaridade porque a necesitamos xa demasiadas veces.Sabemos o que é a pena porque tamén a vivimos moitas veces e sempre sempre, sempre …sempre é diferente.

A marea negra, trouxo unha marea branca.

A marea negra, trouxo unha marea branca.

Somos celtas.A dor maniféstase doutro xeito.Aquí a morte vívese diferente.Sempre está ahí,nunha distancia imprudentemente próxima.Aquí levamos no mesmo peto a ledicia e a morriña.Os veciños son moito máis que ese o que lle deixas sal, en sitios como en Angrois.Por eso non crece a kriptonita…por eso, en Angrois non fan falla nin capas nin antifaces.

En Angrois, mañá sairán cedo a traballar. Non coma se non pasara nada,eso é imposible ata para un superhéroe. Eu seguirei coa miña alerxia o volante e pasarei outro feixe de veces e deixarei de pensar na kryptonita e en Angrois.Pero manterei o orgullo de ser desta terra intacto dende hoxe.Orgullosa de todo o que nos queren e nos axudan sempre que o necesitamos.De todo o que axudamos sempre que nos necesitan.

A vida volverá a ser o que era para todos os que non coñecemos a naide nese tren…será cuestión de tempo.Non temos ninguna despedida pendiente.Naide faltou a cita.Para toda a esa xente que está sufrindo,para os que esperaban e os que viaxaban, a vida tardará en voltar a ser o que era.O mellor non volve a selo nunca.

O que todos levaremos por dentro moito tempo e a sensación do fráxil que é todo. De cómo a vida pode cambiar nun minuto. Da importancia dos superhéroes sen capa nin antifaz.

Anuncios

Dime...

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s